A Casa das Insuas fará a súa Insuascola de verán en tres quendas comezando o 1 de xullo

LugoXa | TerraChaXa
É gratuíta para nenos de 6 a 13 anos
insuaescola-de-veran-rabade
Cartel
26 Xuño 2024

A Insuascola de verán 2024 regresa desde o 1 de xullo á Casa das Insuas de Rábade para crear un espazo de coñecemento e formación sobre a natureza, realizando actividades medioambientais ao aire libre. Este ano desenvolveranse durante 3 semanas diferentes, cada unha co seu propio período de inscrición.

Comezan abrindo o prazo para a primeira, que será do 1 ó 5 de xullo (ambos incluídos), de 10:00 a 14:00h. A temática nesta ocasión serán os polinizadores. Tamén haberá xogos e moita natureza.

A actividade é gratuíta para nenos de 6 a 12 anos. As prazas son limitadas e a inscrición ten que facerse en casadasinsuas@gmail.com.

As outras quendas serán a primeira semana de agosto e a primeira de setembro. Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.1814239025116