A Casa das Palabras recibe numerosas visitas estes días
A Casa das Palabras de Guitiriz, onde se conservan os manuscritos e lembranzas do poeta Díaz Castro, recibe estes días varias visitas, como a de alumnas e alumnos da Universidade de A Coruña dentro dos roteiros que está a desenvolver o alumnado do IES Poeta Díaz Castro para dar a coñecer mellor ao escritor.
Ademais, Xermolos está a desenvolver actividades arredor do poeta, cadrando co seu 104 cumpreanos. O domingo máis de 40 persoas visitaron a Casa das Palabras dentro das iniciativas de Pobo Aventura, que consideran este espazo un recurso cultural no seu labor de turismo educativo.
O coordinador de Xermolos faloulles de “Díaz Castro e a poesía chairega”. Xa o día do seu cumpreanbos Xermolos fixo unha ofrenda floral no berce do poeta no Vilariño. O martes, no IES Poeta Díaz Castro, Carlos Meixide na presentación da novela xuvenil “Guitiriz” glosou o sentido comunitario do que abrollou a iniciativa de recuperar a Casa de Díaz Castro e convertela na Casa da Xente.