A casa de Manuel María acolle este sábado unha proposta que combina humor e gastronomía

LugoXa | TerraChaXa
A peza, Máis Saaaabor! está protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei, e dirixida por Avelino González
maissabor-en-casa-museo-manuel-maria
29 May 2025

A horta da Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 31 de maio, ás 18 horas a nova proposta de Félix Rodríguez e Fran Rei para público infantil e familiar, Máis Saaabor!

Após o éxito de Saaabor!, Fran e Félix convértense de novo en dous recoñecidos chefs que ofrecerán ao público asistente un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para toda a familia. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudábel e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego. O food truck de Máis Saaabor! chegará, á Casa-Museo, un carro de xantar de grandes dimensións do cal xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.

A proposta cómica, de creación propia, está dirixida por Avelino González e coproducida por Culturactiva e Félix Rodríguez. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.

Para asistir á actividade (billete 2 euros), que conta coa colaboración da concellaría de Cultura do concello de Lugo, é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

⚙ Configurar cookies
0.16003799438477