A casa do Concello vilalbés vestirase de violeta en apoio á campaña contra a violencia de xénero

TerraChaXa
O goberno vilalbés vén de comunicar que iluminará a súa fachada de violeta a partir deste xoves ás 12 da noite en apoio á campaña de emerxencia feminista iniciada por distintos colectivos a nivel autonómico e estatal.
17 sep 2019

O goberno vilalbés vén de comunicar que iluminará a súa fachada de violeta a partir deste xoves ás 12 da noite en apoio á campaña de emerxencia feminista iniciada por distintos colectivos a nivel autonómico e estatal. Ademais, sumaranse ás convocatorias do movemento feminista de cara ao 20S, e tamén ao chamamento para este mércores ás 20:30 horas froito do triplo asasinato machista de Valga.

“A violencia contra as mulleres é sempre inaceptable, pero vimos dun verán negro no que o número de mulleres asasinadas supera anos anteriores e supón un duro golpe para toda a sociedade”, subliñou a concelleira de Igualdade, Vanesa 
Siso. Neste senso, “as institucións públicas debemos comprometernos á hora de combater esta violencia e traballar por unha sociedade na que non exista desigualdade estrutural entre homes e mulleres”, aseverou.

O goberno local dará o seu apoio ás convocatorias “iluminando de violeta e amosando o noso compromiso coa promoción dos valores de igualdade e co traballo para loitar contra a violencia machista desde a súa raíz”.

0.14615392684937