A Casa do Mel celebra o Día da Abella con actividades para a infancia o 18 de maio

TerraChaXa
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición
casa-do-mel-goente-panais
15 May 2025

A Casa do Mel, situada en Goente (As Pontes), organiza unha nova edición da celebración do Día da Abella, que terá lugar o vindeiro domingo, 18 de maio, entre as 16:30 e as 20:00 horas.

A xornada contará coa realización de diversos obradoiros e talleres infantís dirixidos a nenos e nenas a partir dos 3 anos, co obxectivo de achegarlles o mundo das abellas, a apicultura e a importancia deste insecto na natureza e na produción de mel.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao 661 003 616 ou enviando un correo electrónico a casadomel@vodafone.es.

A actividade conta co apoio do Concello das Pontes e busca fomentar o respecto pola biodiversidade e a sensibilización ambiental desde a infancia.

⚙ Configurar cookies
0.17427706718445