A Casa do Mel de Goente celebra un curso de apicultura e o Día da Abella
TerraChaXa
A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, acolle desde este sábado un curso de perfeccionamento en apicultura.
10 May 2024
A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, acolle desde este sábado un curso de perfeccionamento en apicultura.
Este desenvolverase os días 11, 12, 21, 23 e 24 deste mes de maio, en horario de 16.00 a 21.00 horas.
As persoas que desexen participar deben inscribirse no 661 003 616 ou no correo casadomel@vodafone.es-
O curso contará con sesións teóricas e prácticas.
Ademais, a Casa do Mel celebra o próximo domingo, 19 de maio, o Día da Abella. Será unha tarde, entre as 16.30 e as 19.30 horas con actividades e obradoiros infantís dirixidos a nenos e nenas a partir de 3 anos.
Require inscrición previa, que ten que facerse nos mesmos número de teléfono e correo que o curso.