A Casa do Mel de Goente convoca as Xornadas Apícolas do Eume na Feira do Mel
A Casa do Mel de Goente celebra unha nova edición das Xornadas Apícolas do Eume, que terán lugar o 12 e 13 de outubro e nas que serán a súa XXV edición. Coinciden novamente coa Feira do Queixo e do Mel, que terá lugar o día 13.
As actividades comezarán o sábado ás 11.00 horas con dúas conferencias, empezan cunha sobre a preparación da invernada para seguir cunha análise dos resultados do plan apícola. Haberá unha parada para xantar e, ás 16.00, horas haberá outra charla co título Reflexión, actividades e concepto para os novos apicultores.
Por último, ás 17.30 horas, intervirán técnicos do Panega e da Casa do Mel para explicar so traballos de selección da abella autóctona. Desde a organización informan que para asistir ao xantar é necesario inscribirse no teléfono 661 003 316, antes do 7 de outubro.
O día 13 será a Feira do queixo e do mel en Goente, que xa chega á sua XIV edición. A cita ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa así como dinamizar ou sector primario.
Nesta nova cita están previstos de novo obradoiros, música e diferentes actividades para animar a feira, centro da celebración.