A Casa do Mel de Goente inicia un novo curso de selección e cría de raíñas

TerraChaXa
Será os días 19, 20, 21 e 30 de xullo, e 1 e 2 de agosto, en horario de 16:00 a 21:00 horas
cria-y-seleccion-de-reinas
15 Jul 2025

A Casa do Mel de Goente, no concello das Pontes, acollerá un curso sobre selección e cría de raíñas os días 19, 20, 21 e 30 de xullo, e 1 e 2 de agosto, en horario de 16:00 a 21:00 horas. Esta formación, centrada na apicultura avanzada, ten como obxectivo mellorar os coñecementos dos participantes na crianza e selección de raíñas para o fortalecemento das colmeas.

O curso está organizado pola Casa do Mel e conta coa colaboración da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

As inscricións poden realizarse a través da web Foagro, e para máis información está dispoñible o número de contacto 661 003 616.

⚙ Configurar cookies
0.16133904457092