A Casa do Mel de Goente iniciará este ano un programa de selección de abellas autóctonas
A Casa do Mel das Pontes realizará durante o ano un programa de formación sobre selección apícola dirixida aos seus socios e que se prolongará varios meses.
O obxectivo deste curso, que se centra na formación práctica, é que os apicultores asociados podan realizar de maneira correcta as probas nas súas colmeas, e que aprendan a seleccionar as mellores.
Neste programa está previsto que participen arredor de 20 produtores, que foron informados do mesmo no transcurso dunha reunión na que se deu conta tamén do traballo que leva realizado desde 2019. Informouse tamén aos apicultores de que se continuará avanzando en inseminación artificial, criando raíñas e zánganos seleccionados para este fin, e se deu conta da situación actual das colmeas seleccionadas, dos traballos feitos e das novas para este 2023.
A entidade celebra este ano o seu 2 aniversario e mantén unha programa de actividades amplo para dar a coñecer os programas que levan a cabo.