A Casa do Mel de Goente realiza esta semana unha nova edición da cata
TerraChaXa
A Casa do Mel de Goente acolle dende hoxea preselección e ata o 23 de marzo a XV edición da Cata do Mel das Pontes
11 Mar 2024
A Casa do Mel de Goente acolle esta semana unha nova edición da Cata do Mel en varias xornadas.
A preselección dos participantes na final da cata realízase os días 13 e 14 de marzo as 16.30 horas e a sesión final terá lugar o domingo 17 tamén nas instalacións da Casa do Mel a partir tamén das 16.30 horas.
Finalmente, ás 19.30 horas terá lugar a entrega de premios aos gañadores deste ano.
Dentro da programación tamén se incluíu a presentación do libro A cultura do mel na Costa da Morte, de Carmen Toba Trillo, que será tamén ás 18.00 horas.