A Casa do Mel de Goente realiza esta semana unha nova edición da súa cata

A Casa do Mel de Goente acolle esta semana unha nova edición da súa tradicional Cata do Mel. A sesión de cata na súa XVIII edición realízase venres 12 de decembro nas súas instalacións a partir das 17.30 horas.
Dentro da programación, tamén se incluíu un relatorio co título Os nosos meles na cociña, a cargo de Antonio Díaz Calvo, cociñeiro profesional. A sesión será o sábado 13 ás 18.00 horas.
Ao remate, terá lugar a entrega de premios aos gañadores deste ano nas categorías de meles multiflorais e monoflorais e haberá degustación para o público.