A Casa do Mel de Goente realiza esta semana unha nova edición da súa cata

TerraChaXa
A preselección dos participantes na final realízase os días 10 e 13 de decembro ás 17.30 horas e a sesión final terá lugar o sábado 14
cata-do-mel-goente
10 Dec 2024

A Casa do Mel de Goente acolle esta semana unha nova edición da súa tradicional Cata do Mel en varias xornadas.

A preselección dos participantes na final desta XVII edición realízase os días 10 e 13 de decembro ás 17.30 horas e a sesión final terá lugar o sábado 14 tamén nas instalacións da Casa do Mel a partir tamén das 17.30 horas. Na xornada de hoxe estudaranse as candidaturas en mel claro e o venres será para o escuro.

Ao remate, terá lugar a entrega de premios aos gañadores deste ano.

Dentro da programación tamén se incluíu un relatorio co título Produción primaria, envasado e comercialización de produtos apícolas, a cargo de Iago Vilela, técnico da casa do mel. A sesión será o sábado 14 ás 18.30 horas.

0.17365002632141