A Casa do Mel organiza unha ruta pola zona de restauración de Endesa

A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, organiza para o próximo sábado un roteiro para coñecer a zona de restauración de Endesa, onde poderá visitarse a aula da natureza e os distintos apiarios que existen na zona dirixidos por un responsable da organización, que fará unha explicación da apicultura.
O roteiro terá lugar o sábado 10, a partir das 9.30 horas das instalacións que ten a Casa do Mel. Para participar poden inscribirse os interesados na propia casa do mel ou chamando ao teléfono 661 003 616.