A Casa Escola do Chao acolle a presentación do libro 'Memorias dun porco teixo'

A Casa Escola do Chao, na parroquia de Cabreiros, será o escenario da presentación do libro Memorias dun porco teixo, da autoría de Xosé Manuel Felpeto Carballeira. O acto celebrarase este sábado, 24 de xaneiro, ás 19.30 horas e está aberto ao público.
Durante a presentación intervirán o editor da obra, Santiago Martínez, e o propio autor, que dará a coñecer os contidos e o proceso creativo dun libro que se suma á produción literaria en lingua galega. O encontro servirá tamén como espazo de diálogo entre o escritor e as persoas asistentes arredor da obra presentada.