A Casa Habanera de Guitiriz acolle a exposición O camiño das estrelas: tecendo culturas
A Casa Habanera de Guitiriz acolle a exposición O camiño das estrelas: tecendo culturas, un proxecto de María José Rodríguez. "Seguindo a súa paixón po
Nesta ocasión a intención vai máis alá de ser unha “simple” exposición para visualizar a beleza do Camiño, das súas xentes, gastronomía... Trátase de ver toda a grandeza do Camiño dun xeito transversal e multidisciplinar que mova ao camiñante a interactuar con todos os sentidos na procura dese saber universal que nos achega a todas as xentes, veñamos de onde veñamos, e procedamos de onde procedamos.
Ese saber que desde nenos imos adquirindo nos nosos fogares e que vai xerminando con nós segundo imos medrando e que nos achega ás nosas raíces por calquera recuncho que visitemos. Ese saber que nos leva a coñecer en profundidade a nosa realidade e a realidade dos demais pobos que percorramos no noso camiñar.
Ese camiño pedagóxico, do saber global e multidisciplinar, é o que a través deste proxecto artístico se quere amosar a todos os camiñantes e ao mundo enteiro desde esta fermosa terra que é Galicia.
transmitir a beleza e toda a riqueza cultural e espiritual que rodea o Camiño a Santiago de Compostela, e dado que o ano 2021 é Ano Santo Xacobeo, María José Rodríguez presenta un novo proxecto chamado O Camiño das Estrelas: Tecendo culturas, unha proposta artística coa que pretende seguir dándolle protagonismo ao Camiño.
Poderase visitar ata o 20 de agosto, en horario de mañá: de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, e de tarde os martes e xoves de 16.00 a 18.00 horas.