A Casa Habanera de Guitiriz acolle a presentación do libro 'Memorias dun porco teixo'

TerraChaXa
Durante a presentación intervirán o concelleiro de Cultura, Ramón Rivas, o seu amigo e mestre Juan Carlos Vivero, e o propio autor, que dará a coñecer os contidos e o proceso creativo dun libro
memorias-dun-porco-teixo
18 Feb 2026

A Escola Habanera de Guitiriz será o escenario da presentación do libro Memorias dun porco teixo, da autoría de Xosé Manuel Felpeto Carballeira. O acto celebrarase este sábado, 20 de febreiro, ás 20.30 horas e está aberto ao público.

Durante a presentación intervirán o concelleiro de Cultura, Ramón Rivas, o seu amigo e mestre Juan Carlos Vivero, e o propio autor, que dará a coñecer os contidos e o proceso creativo dun libro que se suma á produción literaria en lingua galega. O encontro servirá tamén como espazo de diálogo entre o escritor e as persoas asistentes arredor da obra presentada.

⚙ Configurar cookies
0.10124206542969