A Casa Habanera de Guitiriz acolle o Cineclube e a visita cultural de tres exposicións

TerraChaXa
A biblioteca municipal Casa Habanera acolle mañá, 3 de setembro, dúas actividaes.
Casa Habanera
2 sep 2020

A biblioteca municipal Casa Habanera acolle mañá, 3 de setembro, dúas actividaes. O Cineclube e a visita cultural de tres exposicións. A actividade estará organizada polo Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da Asociación Alume Saúde Mental de Guitiriz en colaboración coa centro cultural Casa Habanera.

A xornada comenzará coa sesión de cine ás 11:00 horas, onde os asistentes poderán gozar da película Somos gente honrada. Filme dispoñible no catálogo online de Galicia Le, plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Xa pola tarde, despois de xantar, os visitantes terán a oportunidade de visitar as exposicións que actualmente acolle a Casa Habanera: Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi, Estado de Alarma de Xosé Marra e o panel A estrela de Rosalía, cedido pola Agrupación astronómica Io da Coruña.

O obxectivo principal deste acto é o de fortalecer a socialización gracias a estas actividades colectivas que fomentan os hábitos sociais e a autonomía persoal, que xeran á súa vez unha positiva integración social no entorno.

0.19062995910645