A Casa Habanera de Roupar acolle un espectáculo infantil o mércores
A Casa Habanera de Roupar acolle este mércores, 6 de decembro, unha sesión de contacontos e monicreques a cargo do Fontoches baj co título A viaxe Feliz de Ramón Sanfiz. Esta terá lugar a partir das 17.00 horas para maiores de 5 anos e cunha duración de 50 minutos.
Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.
Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.