A Casa Habenera acolle unha exposición sobre Luísa Villalta polas Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz conmemora o Día das Letras Galegas coa exposición Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta, que se pode ver na Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera ata o 31 de maio.
exposicion luisa villalta letras galegas guitiriz portada
10 Maio 2024

O Concello de Guitiriz conmemora o Día das Letras Galegas coa exposición Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta, que se pode ver na Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera ata o 31 de maio.

A exposición foi elaborada polo CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense, e resultou premiada no concurso das Letras Galegas 2024, na categoría de secundaria, bacharelato e outras ensinanzas. Destaca polo seu carácter innovador ao amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades interactivas.

Desde o Concello animan á veciñanza a “coñecer a figura de Luísa Villalta e o seu labor como renovadora das nosas letras, ao abrir unha liña de indagación poética sobre as interseccións entre a música e a poesía, o marcado feminismo e o discurso ético que impregnan toda a súa creación, e o seu fondo compromiso e desexo de contribuír, coa súa achega, a unha sociedade máis igualitaria”.

0.19290399551392