A casa museo de Manuel María acolle a final do concurso de videopoemas
Once son os videopoemas finalistas que este sábado, 13 de maio, ás 11 horas, exhibiranse publicamente na Casa-Museo Manuel María e que foron seleccionados entre os máis de cincuenta traballos que participaron no Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, que este ano vai pola súa sexta edición. Ao final da exhibición, o xurado emitirá o seu ditame co que, ao seu xuízo, son os os dous mellores traballos presentados.
O concurso ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María, e participan mozas e mozos que van desde 1º da ESO até Bacharelato, incluíndo Ciclos Formativos. Os centros educativos inscritos na presente edición son das localidades de Lugo, A Estrada, Tomiño, Cervo, Monforte, Neda, Poio, Marín, Negreira, Pontevedra, Nigrán, Narón, A Coruña, Sarria, Cuntis, Porriño, Portas, Cea e Oleiros.
A xornada final, a celebrar este sábado, dará comezo ás 11 horas co visionado dos videopoemas finalistas e finalizará unha vez se entreguen os premios dos traballos gañadores. As persoas asistentes a esta actividade terán a posibilidade de facer unha visita guiada á Casa-Museo e descubrir a figura de Manuel María e o seu acervo.
O xurado declarou como finalistas da sexta edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María os seguintes traballos:
Título: Tristura
Autora: Andrea Fernández Prieto
CPR Esclavas (A Coruña)
Título: A fala
Autora: Inés Martínez Vila
CPR Esclavas (A Coruña)
Título: A fala
Autora: Carolina Ponte Iglesias
CPR Esclavas (A Coruña)
Título: Alborada
Autora: Carla Fontenla Curra
IES Valle Inclán (Pontevedra)
Título: Que así mo pediron
Autoras: Carme Valcárcel Otero, Aldara Pereira Campos, Claudia Martínez Baamonde, Carolina Cobas Correa e Mar Ramos Otero
CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis)
Título: Poema á muller galega
Autores: Camila Arias Arias, Izan Arias Rodríguez, David Bello López, Candela Martínez, Xoel Sánchez Echevarría, Kiowa Anäis Vera Arencibia, Marc Toirán Pérez, Yanira Leiva Arias, Lucía López López, Lúa Celeiro Augusta, Lucía González Bugallo, Eva González Parada, Catalina Martínez e Gustavo Santos de Oliveira.
IES Gregorio Fernández (Sarria)
Título: Aló nas montañas voan
Autoras: Celtia Bouzán Peleteiro, Isaac Rodríguez Rodríguez, Uxío Domínguez Fernández e Sofía Sabir Moussaqhi
CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis)
Título: No craustro
Autora: Sara Espiño Vaamonde
IES nº 1 (A Estrada)
Título: O soñador
Autora: Uxía Seoane Duro
IES nº 1 (A Estrada)
Título: Negra sombra
Autores: Noa Cuiñas Macenlle, Martín Expósito Rial, Alejandro Fernández Gondar, Kevin Fernández Otero, Zaira López Silva, Lorenzo Barragáns, Miguel Ángel Nieto García, Rubén Outeda García, Joel Pérez Landín e Andrea Rial Dorado.
IES de Poio
Título: Tecín soia a miña tea
Autora: Laura Gómez Grande
IES A Pinguela (Monforte de Lemos)