A casa museo de Manuel María acolle a proxección de María Solinha

TerraChaXa | LugoXa
O auditorio da Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 5 de decembro, ás 19 h, a proxección da última fita do director de cinema Ignacio Vilar, María Solinha.
33087661_1866275053404667_8261674008253038592_n
1 Dec 2020

O auditorio da Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 5 de decembro, ás 19 h, a proxección da última fita do director de cinema Ignacio Vilar, María Solinha.

O filme, estreado en xuño deste ano, arrinca cando un sonado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha. A historia dunha viúva rica acusada de bruxería pola Inquisición a principios do século XVII. Os seus intérpretes serán veciñas e veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. Mais o teatro e a realidade comezará a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar en si mesmas os ecos da agresión que sufriu a Maria Solinha orixintal.

A película é protagonizada polas actrices Grial Montes e Laura Míguez e entre o elenco salientan referentes do cinema galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera.

O director da fita, Ignacio Vilar manterá un coloquio ao final do filme co público asistente. Vilar dirixiu longametraxes e curtametraxes, así como documentarios e series documentais para televisión, na súa filmografía sobrancea A esmorga (2014).

A actividade é de entrada libre mais é imprescindíbel reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsaap 698177621

0.089898109436035