A casa museo de Manuel María acolle a proxección dun documental

TerraChaXa | LugoXa
A Casa-Museo Manuel María programa para este sábado, 16 de marzo, ás 19 h, a proxección do documental Xove, democracia nuclear, do xornalista Pedro Lechuga Mallo.
xove democracia nuclear cartel portada
13 Mar 2024

A Casa-Museo Manuel María programa para este sábado, 16 de marzo, ás 19 h, a proxección do documental Xove, democracia nuclear, do xornalista Pedro Lechuga Mallo. A peza audiovisual recupera as historias vividas durante a década de setenta na provincia de Lugo, e concretamente na Mariña, cando se fixo público en novembro de 1973 o proxecto de construción dunha central nuclear na enseada de Regodela, no concello de Xove.

O documentario recolle a importante loita da veciñanza e das organizacións sociais e políticas que lograron impedir a instalación da central nuclear. No audiovisual interveñen distintas persoas entre as que se encontran veciños, persoas vinculadas ao nacionalismo, xornalistas, historiadores, o alcalde de Xove naquela altura... Entre elas, Emilio López Pérez, “Milucho”, exdirixente das Comisións Labregas e destacado activista da mobilización social contra a nuclear, que manterá logo da proxección un coloquio co público asistente.

A asistencia á proxección é de acceso libre até completar o aforo do auditorio da Casa-Museo, mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. A actividade conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

0.13396406173706