A Casa Museo de Manuel María celebra o domingo o Día de Rosalía

TerraChaXa
A Casa-Museo Manuel María celebra este domingo, día 24, o Día de Rosalía cunha homenaxe popular, e fai un convite á veciñanza para participaren na lectura pública de poemas de Rosalía e na actividade musical, Alborada para Rosalía, que promove a Asociación de Gaiteiros/as Galegos/as e a Casa Rosalía.
22 Feb 2019

A celebración, que cadra no día do aniversario do nacemento da propia Rosalía, levarase a cabo ás 12.30, cunha duración prevista dunha hora, e na que se intercalará a música de gaiteiras e gaiteiros e grupos de música tradicional coa lectura de poemas de Rosalía.

A organización do evento sinala que son tres as maneiras de participar desta homenaxe popular:

  • Rosalía na túa voz. As persoas que queiran poderán recitar ou ler un poema de Rosalía. Para isto cómpre enviar, previamente, un correo electrónico a contacto@casamuseomanuelmaria.gal co nome da persoa lectora e o poema que vai ler ou recitar.
  • Alborada para Rosalía. Os grupos tradicionais ou as gaiteiras e gaiteiros que queiran, previa anotación en contacto@casamuseomanuelmaria.gal, tocarán, cada un, unha peza en honra de Rosalía, podendo ser a Alborada ou outra que escollan.
  • Asistindo e gozando da actividade
0.18320512771606