A casa-museo de Manuel María muda esta fin de semana o seu horario

TerraChaXa
A Casa-Museo Manuel María muda de horario, para ser visitada, esta primeira fin de semana de outubro.
118156026_328480665168640_8201689956205522949_n
3 Oct 2020

A Casa-Museo Manuel María muda de horario, para ser visitada, esta primeira fin de semana de outubro. As persoas interesadas en visitar a casa natal de Manuel María, en Outeiro de Rei, e coñecer o interesantísimo legado que esta acolle, poderán facelo dentro do novo horario de outono-inverno (até o mes de abril incluído), sábados e festivos, de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs, e domingos, de 11 a 14. Desde a Casa-Museo recoméndase chamar previamente ao 698177621, ou escribir un whatsapp ou un correo electrónico a casamuseomanuelmaria.gal co fin de que na Casa-Museo tan só estean presentes as persoas que a visitan.

Os percursos guiados polas estancias da Casa-Museo teñen por finalidade achegar a traxectoria vital e literaria de Manuel María. No seu interior, entre outras cousas, pódese ver a biblioteca de Manuel María que contén unha das mellores coleccións particulares do libro galego ou sobre Galiza desde a potsguerra, un fondo artístico con obras de destacados pintores galegos contemporáneos, documentación imprescindíbel para coñecer a historia de Galiza da última metade do século XX, mobiliario e obxectos persoais do escritor…

0.17094898223877