A casa museo de Manuel María organiza un paseo por Bonxe o domingo

LugoXa | TerraChaXa
A olería e o patrimonio do barrio será o fío condutor da camiñada
Forno-das-Olas-Bonxe
25 sep 2024

Este domingo, 29 de setembro, a Casa-Museo Manuel María organiza unha camiñada pola parroquia de Bonxe, no concello de Outeiro de Rei. O patrimonio do barro será o fío condutor da andaina que será acompañada nas distintas paradas por textos de artigos de prensa e poemas do propio Manuel María.

A camiñada, que comezará ás 10 da mañá, será dinamizada polo divulgador cultural Orlando Viveiro e ten unha distancia de cinco quilómetros e unha dificultade baixa. O itinerario descubrirá a importancia que a industria do barro tivo nesta localidade de cacharreiros a través do patrimonio material e inmaterial existente aínda na propia parroquia. Durante o camiño, as persoas que se acheguen a Bonxe terán a posibilidade de ver algúns dos seus fornos, visitar o que queda dalgún dos seus obradoiros, coñecer onde vivían os cacharreiros e cacharreiras míticas desta bisbarra oleira que incluía outras parroquias e lugares do concello de Outeiro... O paseo iniciarase e finalizará no obradoiro de Pepa Lombao, a última cacharreira de Bonxe que recentemente se vén de xubilar.

A actividade é gratuíta mais é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

0.23019194602966