A Casa Museo Manuel María acolle a final do concurso de videopoemas
A Casa-Museo Manuel María acolle o sábado 19, ás 11,30, a fase final da segunda edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. O certame destinado a mozas e mozos da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas Artísticas ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da literatura galega.
Nesta edición contou con participantes de centros educativos de Vigo, Becerreá, Lugo, Dodro, Verín, Castro Caldelas, Burela, Rianxo, Quiroga, Fene, Portas, Betanzos, Porriño, Narón e Bueu.
Os 17 videopoemas seleccionados polo xurado para pasaren a fase final que se celebra este sábado en Outeiro de Rei son:
- Lúa descolorida, de Xiana Collazo Rial (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro).
- Rosalía vive en nós, de Paula Álvarez, Esther López, Marcos Montaña, Miguel Osorio, Celia Pardo e Nicolás Vilela (IES de Becerreá)
- Galicia, de Camilo López Martínez (CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas)
- O foguete, de Óscar Lagares e Samuel Román (IES Francisco Aguiar de Betanzos)
- Mais vé que o meu corazón, de María Corral e Iara Obelar (IES Francisco Aguiar de Betanzos)
- Negra sombra, de Antía Outeiral, Antía Rodríguez, Antía Caamaño e Sara Tubío Rial (IES Félix Muriel de Rianxo)
- Pobre Galicia, de Carla Raño Romero, Carla Pedrouzo Castro e Diego Rey Franco (IES Félix Muriel de Rianxo)
- Alborada, de Gabriel Otero López (IES Perdouro de Burela)
- O mar, de Laura Fernández Galán (IES Perdouro de Burela)
- A xustiza pola man, de Laureano Figueira Tembra e Noa Piñeiro Caamaño (IES Félix Muriel de Rianxo)
- Has de cantar meniña gaiteira, de Adriana Caldas Lorenzo (CPI Domingo Fontán de Portas)
- A xustiza pola man, alumnado terceiro da ESO (Colexio San Fernando de Vigo)
- A xustiza pola man, de Irene Fernández Romero, Helena Ordóñez Sampedro e María Lorenzo Rubio (IES Félix Muriel de Rianxo)
- Negra sombra, de Sara Casanova Martínez (IES de Quiroga)
- Amores cativos, de Alba Rocha López e Micaela López Galeano (IES A Xunqueira de Fene)
- Cando a luniña aparece, de Iria Castro Yáñez e Ana Manso Fernández (IES Xesús Taboada Chivite de Verín)
- Tecín soia a miña tea, de Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero (IES Xesús Taboada Chivite de Verín)
O xurado emitirá, ao final das proxeccións, o ditame dos dous mellores videopoemas desta segunda edición. Durante o transcurso do evento, aberto ao público, o ilusionista, natural de Outeiro de Rei, David Méndez ofrecerá aos asistentes un espectáculo de maxia.
A Casa-Museo Manuel María abre este xoves, Día das Letras Galegas, en horario de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30. Desta maneira quen se aproxime, alén de visitala e coñecer a persoa e obra de Manuel María, poderá encontrar entre os seus expositores unha primeira edición do poemario d’Os soños na gaiola, que este ano cumpre 50 anos, con ilustracións de Reimundo Patiño, alén dun manuscrito orixinal deste poemario.