A Casa Museo Manuel María pon en marcha a III edición do concurso de videopoemas

TerraChaXa
A IIIª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María vén de ser convocada pola Casa-Museo Manuel María.
Captura de pantalla 2018 12 13 a las 10.22.41
13 Dec 2018

A IIIª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María vén de ser convocada pola Casa-Museo Manuel María. O certame dirixido ao alumnado galego de ensino non universitario (desde a ESO até segundo de Bacharelato, ESA, Ciclos Formativos e Ensinanzas Artísticas) ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María.

Os centros educativos que desexen participar teñen até o 18 de marzo de 2019 para se preinscribir e antes do 15 de maio terán que remitir á Casa-Museo, por calquera medio dixital, os traballos do alumnado participante.  A fase final do concurso está prevista o 11 de maio en Outeiro de Rei, onde se exhibirán publicamente os videopoemas finalistas escollidos polo xurado. As bases do certame pódense ver na web da Casa-Museo Manuel María en http://www.casamuseomanuelmaria.gal/actividades/nova-edicion-do.htm?tipo=ACTIVIDADE

Esta convocatoria únese á feita, no pasado mes de novembro, do V Concurso de recitado Rosalía sempre viva, dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharelato, e está centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María. O obxectivo desta actividade é potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura.

0.19740200042725