A casa-museo Manuel María retoma a actividade cunha andaina
TerraChaXa | LugoXa
Este domingo, 1 de outubro, a Casa-Museo Manuel María retoma a súa programación regular e faino cunha andaina que sairá do adro da igrexa de Saavedra, no concello de Begonte, e finalizará no lugar de Barrazoso Vello, na parroquia, tamén begontesa, de Gaibor.
26 sep 2023

O roteiro, que comezará ás 10 horas da mañá, será dinamizado polo divulgador cultural Orlando Viveiro e ten unha distancia de cáseque sete quilómetros e unha dificultade baixa. A ruta, que segue o antigo Camiño Real, é rica en patrimonio natural e cultural e os camiñantes poderán gozar da paisaxe outoniza da Terra Chá e dos versos de Manuel María.
A actividade é gratuíta mais é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.