A Casa-Museo Manuel María retoma a súa programación cultural

TerraChaXa
Este sábado, día 18, ás 6 da tarde, a Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, retoma a súa programación cultural após o período  de Nadal.
a
17 Xan 2020

Este sábado, día 18, ás 6 da tarde, a Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, retoma a súa programación cultural após o período  de Nadal. E faino co espectáculo cómico Saaabor, que protagonizan Fran Rei e Félix Rodríguez, so a dirección de Avelino González e producida por Culturactiva SCG.

Saaabor!, é unha proposta cómica que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os seus protagonistas convértense durante máis de unha hora en dous recoñecidos chefs que oferecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: un comida moi musical para todo o público que asista.

Do food truck de Saaabor! xurdirán infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Un espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo, deixando ás persoas que acudan un moi bo sabor de boca.

Esta proposta de comedia e teatro de rúa vai dirixida para público familiar e o prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

a
0.22269701957703