A Casa Nicanor de Vilalba pecha o verán cun evento para os veciños

TerraChaXa
Rematado o verán e polo tanto a tempada turística, a Casa Nicanor, en Alba, organiza o primeiro evento totalmente orientado aos veciños da zona, a festa terá lugar o 27 de setembro e contará cunha programación variada.
ddd
24 sep 2019

Rematado o verán e polo tanto a tempada turística, a Casa Nicanor, en Alba, organiza o primeiro evento totalmente orientado aos veciños da zona, a festa terá lugar o 27 de setembro e contará cunha programación variada.

Dende ás 18.00 e ata o final da xornada, unha gran recopilación de fotos antigas da taberna e a comarca feita polo Iescha estará exposta pola casa e o xardín.

De 18.30 a 20.00, un micro aberto de poesía, no que calqueira veciño ou veciña poderá ler os seus textos se así o desexa.  Ademáis, algúns poetas da zona xa confirmaron que acudirán a recitar os seus escritos: Ana Mar Fraga Rábade, Martiño Maseda, Beatriz Dourado e Manuel Irimia.

Logo do recital, comezará a festa: unha foliada aberta coa colaboración de Buxos Verdes, e de todos os veciños que queiran participar cos seus instrumentos, cancións ou bailes.

Haberá bebidas, pinchos e camisetas á venta. Os organizadores pretenden que este evento sirva como peche de tempada, pero tamén como presentación da Casa e do proxecto aos veciños e asociacións de Vilalba. “Queremos que coñezan o espazo e todo o que se pode facer nel, que poidan propoñer ideas para futuros eventos, actividades ou colaboracións” comenta Sol Álvarez, xestora cultural e deseñadora gráfica de Casa Nicanor.

En primavera e verán, organizaránse en Casa Nicanor eventos para turistas e veciñanza, dende almorzos culturais, roteiros pola natureza, concertos, obradoiros e cine de verán. En inverno, a súa actividade basearase en eventos puntuais, e sobretodo en desarroiar no rural as profesións dixitais deste século: deseño gráfico, márketing dixital e produción audiovisual son algúns dos servizos que se ofrecen dende a Casa. Sen dúbida unha aposta valente que une emprendemento e cultura, e coa que estes tres mozos intentan combatir a despoblación e a decadencia demográfica no rural galego.

ddd
0.17505598068237