A Casa Niño de Riotorto abrirá no mes de marzo
As obras de acondicionamento da Casa Niño de Riotorto comezarán en breve, para dar un servizo necesario aos veciños, aínda que tamén estará aberta a residentes noutras localidades próximas. A encargada do proxecto é unha empresaria autónoma con estudos en Educación Infantil que percibirá por parte da Xunta de Galicia a cantidade de 15.000 euros para material e a reforma do local, e tamén unha renda anual de 19.600 euros durante 3 anos.
O servizo será gratuito para os usuarios, e só consta coa limitación de ter 5 nenos por quenda. Abrirá o dia 1 de marzo, estará situada nos baixos da Casa Consistorial, onde se atopaba a antiga biblioteca municipal, nun local cedido polo Concello.
Tal e como explica o alcalde, Clemente Iglesias, "no ano pasado 2017 naceron 7 nenos en Riotorto, e é un servizo primordial, xa que non existe punto de atención a infancia ou garderias dá Xunta, porque non acadamos o numero de nenos necesarios para poñelo en marcha, que son 20 de 0 a 3 anos.