A castástrofe do Prestige chega ás Pontes en forma de teatro este venres
N.E.V.E.R.M.OR.E., o espectáculo da compañía teatral Chévere sobre a catástrofe do Prestige, ofrece este venres 17 de novembro ás 20.30 h. no teatro Alovi de As Pontes a súa derradeira función logo de máis de dous anos de xira e perto de 29.000 espectadores.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. estreouse no Teatro María Guerrero, sede do Centro Dramático Nacional, en setembro de 2021. Ese sería o comezo dunha xira que levaría o espectáculo a 11 comunidades autónomas e 44 teatros diferentes, entre os que se contan o Teatre Lliure/Sala Fabià Puigserver (Barcelona) LAVA Valladolid, Auditorio Centro Niemeyer (Avilés), Teatro Central (Sevilla), Teatro Victoria Eugenia (Donostia), Teatro Principal (Vitoria-Gasteiz), Teatro Gayarre (Pamplona/Iruña) o Teatre Principal (Palma).
A media de ocupación das salas durante este período foi do 68%, aínda que en Galicia achegouse ao cheo total, cun 90% de localidades vendidas.
Novembro 2002. O Prestige, outro vello petroleiro cargado con fuel pesado, lanza un SOS no medio dun forte temporal, a 28 millas de Cabo Fisterra. Durante seis días remólcase sen un destino certo, vertendo a súa carga ao mar, e ao sétimo día afúndese a máis de 3.000 metros de profundidade. Sucesivas mareas negras chegan á costa de Galicia.