A Castiñeira, en Bretoña, celebra as festas esta fin de semana

TerraChaXa
Culminarán o día 5 de outubro cunha comida veciñal
festas-a-catineira-bretona
25 sep 2024

A localidade bretoa da Castiñeira, na Pastoriza, celebra as súas festas na honra a San Cosme e San Damián esta fin de semana.

Comezarán estas coa misa, ás 13.30 horas para seguir a procesión e a tradicional sesión vermú, que estará a cargo de gaiteiros e do grupo Montreal.

Será este mesmo o que se ocupe da verbena a partir das 23.00 horas xunto a La Oca Band.

O domingo tamén haberá misa, pero ás 14.00 horas, e despois da procesión será o dúo Venus o que fará a sesión vermú coa que acaba a programación da xornada.

O sábado 5 terá lugar a tradicional comida veciñal, pero antes haberá misa de novo ás 13,30 horas. Tamén está prevista unha sesión vermú e unha verbena con La Hora Bruja.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

 

0.09384298324585