A Castronela cambia a súa Xunta Xestora

TerraChaXa
A Asociación de Recreación Histórica A Castronela de Friol, acaba de cumplir catro anos dende a súa creación.
Captura de pantalla 2019 02 08 a las 19.00.43
11 Feb 2019

A Asociación de Recreación Histórica A Castronela de Friol, acaba de cumplir catro anos dende a súa creación. Coincidindo o seu aniversario coa celebración o pasado sábado 26 de xaneiro, das súas segundas eleccións para renovar a Xunta Xestora. Ditas eleccións celébranse cada dous anos, tal e como está establecido nos seus estatutos, así no lo confirman os seus socios e socias fundadores. De este modo, preténdese dinamizar o campo de xestión, para impedir o estancamento da mesma e poder desenvolver unha nova forma de traballar polo futuro da Asociación.

Manuel Castiñeira, Jesús Penín e Lucía Ríos, formaron a antiga Xunta Xestora, desempeñando os cargos de presidente, secretario e tesoureira respectivamente. Este equipo de governo, desenvolveu o seu traballo durante catro anos, que era o máximo que podían permanecer nos cargos tal e como se recolleu na acta de constitución da Asociación. Os asociados, na Asemblea Anual, quixeron agradecerlles a súa labor durante estes catro anos amosándolle o seu cariño e gratitude.

A nova Xunta Xestora, formada por José Antonio Viña Carreira que desempeña o cargo de Presidente, Ana Isabel Castro Rodríguez como Secretaria e Antonio Rumbo Ramos como tesoureiro, agradecen a base de traballo establecida polos seus antecesores. Contarán coa súa experiencia e o seu apoio para seguir esforzándose para medrar como asociación e con novos proxectos.

Dende o momento que o novo equipo de xestión, presentou ante os seus compañeiros a candidatura e o seu compromiso e traballo, víronse arroupados e demostraron a súa confianza mediante o seu voto.

A nova dirección de A Castronela, transmitiunos que seguirán traballando no camiño marcado polos socios e socias para así potenciar a súas virtudes, partindo sempre do consenso. O punto forte de esta agrupación, é cada un dos socios e socias que a forman.  Sen eles non sería posible levar a cabo cada un dos proxectos que teñen en marcha.

castronela Friol
0.20191597938538