A Castronela: o colectivo detrás da festa

TerraChaXa | LugoXa
Friol acolle esta fin de semana unha nova edición do Friulio, a festa de recreación histórica detras da que se atopa a Castronela.
friulio friol
8 Maio 2022

Friol acolle esta fin de semana do 7 e 8 de maio unha nova edición do Friulio, a festa de recreación histórica detras da que se atopa a Castronela.

Falar de Friulio é falar tamén da Castronela, a asociación que lle da vida a esta celebración histórica que ano a ano gaña público, seguidores e participantes.

A festa do Friulio, que se celebra a fin de semana do 7 e 8 de maio, recrea os costumes e os modos de vida das culturas castrexas e romanas, que coexistiron en Galicia e en Friol.

Son moitas as asociacións que se achegan ata Friol para participar neste evento pero destaca entre todas a Castronela, originaria de Friol e que ten unha ampla actividade durante todo o ano, actividade que se viu mermada, como todos, durante os últimos anos de covid.

Sen embargo as orixes da Castronela non veñen co Friulio, nace da inquedanza dun grupo de familias que no ano 2014 xuntáronse para poder celebrar unha festa totalmente esquecida no pobo, o Samaín. Para iso, organizaron distintos talleres no fermoso enclave da Torre de San Paio de Narla.

A idea foi máis que ben acollida e as gañas de repetir quedaron tan claras que ao ano seguinte fundan a asociación A Castronela, co obxectivo claro de "axudar á dinamización cultural e social do pobo aportando e os nosos coñecementos dentro da recreación", explica o presidente do colectivo José Antonio, coñecido como Viña.

Así seguiron facendo distintas actividades, sumando as aportacións de membros doutras asociacións culturais ás que se realizan durante todo o ano. A todo isto súmanse a realización de talleres, charlas, conferencias, saídas a distintos enclaves culturais, etc, coa fin sempre de por en coñecemento "a nosa cultura, os nosos os bens culturaiss cara", sen esqueceer as visitas a outros concellos "que tamén nos aportan moito", indican dende a asociación.

Actualmente A Castronela está formada por 140 socios, entre os que participan equitativamente homes, mulleres e nenos, que non deixan de apuntarse a cada unha das actividades que se organizan para "medrar culturalmente".

Pero a actividade da Castronela xa comeza antes de celebrar a festa para ter todo listo para a gran fin de semana do Friulio, no que realizan, en colaboración co Concello, talleres de confección de coiro, de cestería e mesmo de elaboración de pan. Pero o máis destacado do programa non deixan de ser as recreacións entre castrexos e romanos, na que participan máis de vintecinco asociacións tanto de Friol como doutros lugares, principalmente da provincia de Lugo, aínda que tamén acoden á chamada do Friulio, colectivos da Coruña, Cantabria o mesmo Soria.

A Castronela está formada por 140 socios, entre os que participan equitativamente homes, mulleres e nenos

"Este novo Friulio que se vai a levar a cabo os días 7 e 8 de maio constitúe un novo renacer dado que durante dous anos todas as actividades culturais ou practicamente todas tiveron que ser suspendidas polo que esperamos que nesta edición contemos con moitos visitantes que podan darnos esa difusión que precisamos para poder continuar con todos os proxectos que dunha maneira ou outra se viron afectados", lembra Viña.

A asociación A Castronela agradece ao Concello de Friol "a confianza depositada en nós para ser novamente organizadores do Friulio e sobre todo darlle as gracias á veciñanza que una vez máis e pese a todo o pasado estanos a apoiar e animar a seguir cara adiante", conclúen.

0.19293594360352