A Castronela prepara a festa de Samaín con obradoiros, paseos, chocolatada e queimada

TerraChaXa
A Asociación de Recreación Histórica A Castronela organiza en colaboración coa Deputación de Lugo e a Rede Museística e o patrocinio do Concello de Friol unha festa polo samaín.
17 Out 2017

A Asociación de Recreación Histórica A Castronela organiza en colaboración coa Deputación de Lugo e a Rede Museística e o patrocinio do Concello de Friol unha festa polo samaín.

Será o sábado 28 de outubro a partir das catro da tarde cando cada neno ou nena comezará no Museo Fortaleza de San Paio a apertura-baleirado de cabazas. Habéra un obradoiro dirixido por "Entre lusco e fusco", xogos castrexos no exterior da torre, pintado de facianas e teatro.

Ás seis e cuarto dará comezo un percorrido ao redor da fortaleza e despois das sete e cuarto será a quenda do paseo das ánimas polo Camiño Real dende o museo ata o centro de Friol.

O druída recibirá aos camiñantes no paseo fluvial a partir das oito e cuarto do serán e xa no centro de Friol, na zona da ponte, se celebrará unha pancetada a partir das nove. Tamén haberá monicreques e chocolatada e, a partir das once da noite, queimada e conxuro.

En caso de choiva, os actos trasladaranse ao pavillón municipal.

0.19378900527954