A CEL celebra en Friol un obradoiro sobre Intelixencia Artificial

LugoXa | TerraChaXa
No marco da iniciativa Conecta Lugo, o obxectivo é facilitar a implantación de novas ferramentas que axuden á competitividade das empresas lucenses e o coñecemento das axudas e apoios públicos
obradoiro-intelixencia-artificial-friol
11 May 2025

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o día 13 de maio, martes, un novo obradoiro de traballo Conecta Lugo, centrado nesta ocasión en ferramentas de IA no sector agroalimentario. De tres horas de duración, terá lugar no Centro Colaborativo de Friol en horario de 11:00 a 13:00 horas.

O obradoiro ten por obxectivo mellorar o coñecemento sobre novas tecnoloxías de Intelixencia Artificial aplicadas ao sector agroalimentario, así como axudas públicas para a súa implantación entre as empresas lucenses.

Con esta finalidade, contarase con representantes de institucións e empresas punteiras en servizos tecnolóxicos IA para o sector agroalimentario, concretamente da Newmind Lean & Digitalizacíon e de ITG Centro Tecnolóxico.

Na xornada tamén participarán representantes do Igape para dar coñecer axudas para implementación de ferramentas IA e de novas tecnoloxías e representantes do GDR 4 - Comarca de Lugo e o Polo de Emprendemento de Friol.

Dirixida a empresarios e emprendedores, a asistencia é gratuíta pero as prazas son limitadas. Máis información e inscricións na web da CEL, www.cel.es, ou chamando ao 982 23 11 50.

Conecta Lugo é unha iniciativa de información, apoio e asesoramento ás empresas de Lugo en materia de axudas públicas, competitividade ou innovación posta en marcha pola CEL co apoio da Consellería de Economía e Industria través do IGAPE.

⚙ Configurar cookies
0.16589117050171