A centenaria sociedade de emigrados de Riotorto en Cuba cambia a súa directiva

TerraChaXa
A Sociedade Emigrados de Riotorto de Cuba celebrou a súa xunta directiva na que se ultimaron os detalles para a celebración do 105 aniversario da súa fundación.
Riotorto
1 Mar 2020

A Sociedade Emigrados de Riotorto de Cuba celebrou a súa xunta directiva na que se ultimaron os detalles para a celebración do 105 aniversario da súa fundación.

Fundada en abril de 1915 como Sociedade de Instrución e Recreo conta actualmente con 254 asociados, a gran maioría descendentes de emigrantes. Está presidida por Raúl García, a súa secretaria é María de los Ángeles Cabrera, a tesoureira Mercedes Sánchez e conta con 7 vogais.

Na reunión ultimáronse os detalles para tan importante celebración. Cabe sinalar que a fundación da Sociedade coincidiu coa creación do Centro Galego da Habana.

0.18054604530334