A Chaira vibra coas festas esta fin de semana

TerraChaXa
A comarca da Terra Chá concentra esta fin de semana unha serie de festas patronais aproveitando o tirón de San Xoán e o inicio de verán.
festas fogos artificio patronais
24 Jun 2022

A comarca da Terra Chá concentra esta fin de semana unha serie de festas patronais aproveitando o tirón de San Xoán e o inicio de verán.

Dúas capitalidades de municipio celebran esta fin de semana as súas festas patronais como son Guitiriz (consulta programa) e Muras (consulta programa).

Tamén son festas en Riotorto, na honra a San Pedro e Santa Isabel, que se desenvolverán en dúas xornadas.

A primeira será este sábado, 25 de xuño. Comezarán coa misa solemne e procesión, a partir das 12.30 horas seguida da sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Fénix. Este grupo repetirá, a partir das 22.30 horas, na verbena, na qu etamén actuará Platinum.

A segunda xornada de festa será o mércores 29. Haberá misa solemne de novo ás 12.30 horas con procesión e a sesión vermú de clausura das festas, que estará da man do dúo D'Vicio.

Pero, ademais son moitas as parroquias que esta fin de semana están en festa.

ABADÍN

En Abadín está en festas Castromaior, na honra de San Xoán, que comeza este venres as celebracións cunha misa ás 13.00 horas, seguido de procesión con Gaitas Galegas. A sesión vermú estará ao cargo de Kalima 3.0, que tamén estará na verbena co dúo Epo-K.

O sábado será a vez de D'Nika en dobre sesión. O vermú despois da misa e a procesión das 13.00 horas. Tamén estará na verbena Gran Parada.

O domingo 26 continuará a celebración coa misa das 14.00 horas con procesión e a sesión vermú co dúo X-plosión. A organización lembra que haberá colchonetas gratis para os nenos e o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

Tamén estará de festa en Abadín a parroquia de Villarente, na honra de San Xoán e arrancando o 24 cunha churrascada popular seguida, ás 22.00 horas da actuación do solista Javier.

O sábado seguirán os festexos coa misa maior e procesión ás 14.00 horas seguida da actuación de Solara, que tamén estarán na verbena xuna a Verónica Cambón.

O domingo pecharase o programa coa sesión vermú coa orquestra Lecer, que seguirá á celebración da misa solemne.

A PASTORIZA

No Concello da Pastoriza as festas na honra a San Xoán se celebran en Lagoa. Estas dan comezo este sábado, 25 de xuño con oficio relixioso ás 13.30 horas, seguido de procesión con Gaitas Galegas. A sesión vermú estará ao cargo de Kalima 3.0, que tamén estará na verbena co dúo Epo-K.

O domingo rematará a festa coa sesió vermú ao cargo de La Hora Bruja, trala misa e a procesión, que dará comezo ás 13.45 horas.

A organización lembra que haberá colchonetas gratis para os nenos e o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

Tamén na Pastoriza, pero na localidade de Fitoiro-Afoz, comezan hoxe as patronais cunha cea veciñal animada polo dúo Venus. As festas seguirán o sábado con Charada en sesión vermú e verbena e pola noite repite Venus.

O domingo a festa rematará ao mediodía coa actuación do grupo Estrellas. Haberá misa os sábado ás 13.45 horas e o domingo ás 14.00, nas dúas ocasións con procesión.

BEGONTE

Pola súa banda, os veciños de Damil celebrarán a súa festa patronal na honra de San Xoán o sábado 25 de xuño cunha cea veciñal  que dará comezo ás 22.00 horas no campo da festa e a actuación do dúo Merengue.

CASTRO DE REI

Será a parroquia de Ribeiras de Lea a que celebre esta fin de semana as súas patronais na honra de San Xoán comezando este venres 24 ás 13.30 horas coa misa, á que seguirá a actuación da orquestra Fuego en sesión vermú e verbena. Pola noite actuará tamén Judith Cuntis.

O sábado, tralo oficio relixioso terá lugar a sesión vermú e a verbena da noite coa orquestra Galaxia.

Nesta parroquia os actos festivos rematarán cunhha comida veciñal o sábado 9 de xullo, ás 14.00 horas, amenizada polo dúo La Hora Bruja.

En Santa Locaia as festas serán na honra a San Pedro, como no resto de ocasións coa misa solemne ás 13.30 horas. A orquestra Alma Latina será a encargada de dirixir a sesión matinal e a verbena, nesta última tamén co grupo Tapyoka.

O domingo o apartado relixioso dará comezo ás 13.45 horas pero, previamente, ás 13.00 será a actuación do grupo Leña Verde de Pol, que acompañará á procesión.

Finalizarán con dobre sesión tamén da orquestra Acordes.

COSPEITO

A parroquia de Sistallo tamén celegra o San Xoán, ao que dedica o sábado como día grande. Dará comezo ás 13.30 horas coa misa e a procesión, que culminará coa actuación de Los Supremos. Xa pola noite volverá esta orquestra a actuar xunto a Ritmo.

  • A maior parte das celebracións son na honra a San Xoán

O domingo seguirán coa festa, que se abrirá ás 13.30 horas coa misa solemne, a procesión e a clausura musical co grupo Alba.

OUTEIRO DE REI

A San Xoán tamén dedican as súas festas en Silvarrei. O oficio relixioso das 13.30 horas abrirá o prograa para dar paso á sesión vermú, e logo á noite a verbena, que dirixirá Alabama.

O sábado repetirase o programa pero o apartado musical estará ao cargo de D'Noche.

O domingo, volverá o oficio relixioso e a sesión vermú con Epo-K. Ás 15.00 horas haberá unha churrascada veciñal e pola tarde será a vez do baila a cargo de novo do grupo Epo-K. Tamén haberá carpa no campo da festa.

VILALBA

A parroquia de Alba comezou as súas grandes festas na honra de San Xoán cunha liscada gratis e a tradicional fogueira na noite do 23 e a actuación de Los Satélites.

Continuarán hoxe ás 13.30 horas coa misa solemne, que terá lugar no campo da festa, seguida da tradicional procesión. Pechará a programación matial a actuación do trío Orquídea, que compartirá tamén espazo pola noite na verbena con Ocaband.

O sábado repetirase o oficio relixioso mentres a procesión estará acompañada por Buxos Verdes e a sesión vermú caerá da man do trío Blanca Doble. Pola noite repetirá Blanca Doble e sumarase Piñeiros Band, qyue ofrece música dos anos 80 e 90.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto.

Tamén está de festa o barrio de San Xoán de Vilalba. O día grande foi o 23 e remtan a programación hoxe con actividade para os máis pequenos. A partir das 17.30 horas está previsto por unha parte unha actuación de títeres de Trecola Producións, co título Show do Barrallocas e tamén un mini concerto de Corredores de Sombras.

festas patrontais lagoa pastoriza
festas patrontais ribeiras de lea
festas patrontais sistallo
festas patrontais santa locaia
festas patrontais alba
festas fitoiro afoz bretona

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21787309646606