A Charanga 555 organiza no Santo, Vilalba, a I Festa da Tortilla

TerraChaXa
A Charanga 555 organiza este vernes, a partir das 20.30 horas a I Festa da Tortilla, no bar O Segundo, na vilalbesa de O Santo.
festa tortilla o santo vilalba portada
29 Xuño 2023

A Charanga 555 organiza este vernes, a partir das 20.30 horas a I Festa da Tortilla, que se desenvolverá no bar O Segundo, na localidade vilalbesa de O Santo.

A sesión contará con varias actuacións musicais entre as que figuran Árdell eo Eixo, de Sancovade; Cerna de Árbol, de San Lorenzo; CadaBatú, de Lugo, os Pre+Asubíos da Chaira de Cospeito e a propia organizadora.

Serán unha serie de concertiños dunha media hora de duración que se irán sucedendo ata as 23.00 horas.

festa tortilla o santo vilalba
0.16938591003418