A Charca do Aligal prepárase para celebrar o San Xoán 2025 cunha gran xuntanza veciñal

O vindeiro sábado, 14 de xuño, a Charca do Alligal será o escenario dunha nova edición da tradicional festa de San Xoán. A organización anima a todos os veciños e non veciños a participar nesta celebración, que este ano contará cun formato máis cómodo, con todos os asistentes sentados e a cuberto grazas á instalación de carpas.
A partir das 20:00 horas dará comezo a xuntanza veciñal, coa acendida da fogueira como un dos momentos máis esperados da noite. O menú, servido polo Restaurante O Paso, incluirá empanada caseira, churrasco de porco con criollo e patacas, ademais de sobremesa, café e queimada. A música en directo correrá a cargo da artista Begoña García, que porá ritmo e ambiente á noite, na que tamén se realizarán sorteos entre os asistentes.
Os prezos da celebración son de 0 euros para nenos de 0 a 5 anos, 12,50 euros para nenos de 6 a 12 anos e 25 euros para maiores de 12 anos.