A Chintofanería de Pol prepara un obradoiro sobre a lá de ovella
TerraChaXa
A Chintofanería no Concello de Pol celebrará o sábado 14 de setembro, entre as 17.
9 sep 2019
A Chintofanería no Concello de Pol celebrará o sábado 14 de setembro, entre as 17.00 e as 20.00 horas un obradoiro que leva por título, Setembro, descubrindo a lá de ovella.
Este taller desenvolverase na Casa da Xustiza de Lea a cargo de Chintofanería co obxectivo de achegar o traballo artesanal da lá de ovella a través da experimentación sensorial e artística.
Haberá xogos na natureza e merenda nun espazo onde compartir o tempo de lecer dos veciños.
Os interesados en participar deberán inscribirse no 678 864 818.