A CHMS comeza coa repoboación en distintos ríos da provincia

Pol
LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Actuarán nos concellos de Cospeito, Outeiro de Rei, Begonte, Castro de Rei, Pol, Lugo, O Corgo, Chantada, Monforte, Sober e Ribas de Sil
repoblacion-rios
10 Mar 2026

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), inicia actuacións de repoboación de material forestal en distintos tramos fluviais da provincia de Lugo.

A intervención, ao longo de 4.130m, ten como obxectivo repoboar as zonas desprovistas de vexetación arbórea nos rasos existentes no leito. A repoboación realizarase con especies arbóreas formadoras de bosque de ribeira mediante estaquillado e plantación de Fraxinus excelsior (freixo), Betula celtiberica (bidueiro) Alnus lusitanica (amieiro autóctono) e Acer pseudoplatanus (arce)

Os traballos proxectados supoñen a continuación de intervencións anteriores nas que se mellorou o estado xeral do bosque de ribeira, realizando podas selectivas e eliminando os pés mortos e/o enfermos; mellorando ademais a capacidade hidráulica coa retirada de tapóns, restos vexetais, etc.

“Estas actuacións contribúen a mellorar e restaurar o bosque autóctono de ribeira para recuperar a morfoloxía natural do río, modificada, na maioría dos casos, por barreiras artificiais”, concluíu Quiroga

O investimento estimado é de 26.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do 60% do orzado, no marco do Programa Operativo 2021-2027.

Os leitos afectados son o Miño ao seu paso por Cospeito, Outeiro de Rei, Begonte e Castro de Rei. Tamén actuará no Pol e no Rubiños e Augalevada de Lugo. No Corgo traballarán no Maceda e o Tórdea e en Chantada na Asma.

Tamén no sur repoboarase en Monforte, o Sapo, Veigas, Malloadas, Penela, Cabe (neste caso tamén en Sober) e Arroxo. Por último, repoboarán Dá Ventosa, en Ribas de Sil.

Os traballos descritos enmárcanse no Obxectivo Específico 2.4, que pretende “favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 “Marco eficaz de xestión do risco de catástrofes”, de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

0.12299394607544