A CHMS contruye unha nova estación SAIH no río Támoga, en Cospeito

TerraChaXa
Trátase dun sensor radar para a monitorización continua do nivel da auga no leito, así como equipos para rexistrar a pluviosidade e a temperatura ambiente
saih-cospeito
26 Nov 2025

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A. (CHMS) finalizou a instalación dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Támoga, ao seu paso por Toiral, no municipio de Cospeito. A actuación enmárcase no proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VIN A España–Portugal 2021–2027.

Os traballos executados han permitido a posta en funcionamento deste novo punto de control hidrolóxico, que incorpora obra civil específica, un sensor radar para a monitorización continua do nivel da auga no leito, así como equipos para rexistrar a pluviosidade e a temperatura ambiente. A estación inclúe ademais un sistema de adquisición e tratamento de datos que envía a información rexistrada cada cinco minutos ao Centro de Control de Conca (CECU), situado en Ourense.

Cun investimento aproximado de 47.000 euros, esta actuación reforza a capacidade de observación en tempo real na demarcación hidrográfica do Miño-Sil. A incorporación de novas tecnoloxías de medida e transmisión permitirá obter un coñecemento máis preciso do comportamento hidrometeorolóxico do territorio, optimizando a xestión do recurso hídrico e a planificación fronte a episodios adversos.

A ampliación da Rede SAIH supón un avance significativo na protección do medio ambiente, do territorio e da poboación. O acceso a datos fiables e actualizados en tempo real facilita a adopción de decisións máis eficaces por parte das autoridades competentes, favorecendo a prevención, a preparación e a resposta fronte a fenómenos extremos como inundacións ou secas.

Con esta nova estación, a CHMS continúa fortalecendo o seu compromiso coa xestión sostible da auga e coa mellora dos sistemas de alerta temperá no marco do proxecto RISC_PLUS.

Este proxecto, cofinanciado polo programa europeo Interreg España–Portugal (POCTEP) 2021–2027, aposta por solucións baseadas no coñecemento científico, a cooperación transfronteiriza e a innovación tecnolóxica, para garantir unha xestión eficiente e sostible da auga nun escenario marcado polo cambio climático.

⚙ Configurar cookies
0.16503596305847