A CHMS recorda aos concellos a importancia do uso sostible da agua

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
A CHMS insiste no uso sostible da auga e insta á administración local a executar as melloras necesarias que eviten as restricións por seca
piscina natural rio parga
15 Ago 2023

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) lembra aos concellos, como administración responsable do abastecemento á poboación, a importancia de facer un uso sostible da auga.

A través dunha carta dirixida a todos os municipios da demarcación do Miño-Sil, este organismo de conca indica as recomendacións para seguir para evitar un consumo innecesario, priorizando o uso doméstico.

“Aínda que podemos cualificar a situación actual de normal para esta época do ano, tendo en cuenta que o nivel dos encoros da demarcación están ao 66 % da súa capacidade; en previsión de que as precipitacións nos meses de agosto e setembro puidesen ser escasas, é moi importante tomar medidas de concienciación e aforro para previr os efectos a medio prazo” indicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

Dentro das recomendacións atópanse as restricións de usos e destinos non prioritarios, a redución da presión nocturna en redes urbanas, a detección e reparación de fugas nas redes, a habilitación de infraestruturas de almacenamento de auga, a adecuada depuración, así como, a penalización de consumos excesivos, son medidas de contención e aforro efectivas, a curto, medio e longo prazo.

“Desde o teu Concello, como administración responsable en abastecemento e para poder garantir a subministración, é esencial iniciar estas medidas, facendo especial fincapé en que o uso prioritario é o doméstico” incidiu Quiroga.

“A concienciación social no uso responsable da auga a nivel individual e familiar tamén é fundamental para atenuar e paliar os efectos da escaseza de recurso; lembremos que cada gota importa”, concluíu o presidente.

0.18487405776978