A CHMS termina traballos de conservación en 61 quilómetros de ríos da comarca de Terra Chá

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) finalizou os traballos de conservación e mellora de 61 km de leitos en Terrachá, concretamente nos municipios de Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Friol, Abadín, Guitiriz, Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.
“Minimízase o risco de inundación en zonas próximas a núcleos urbanos, infraestruturas ou parcelas privadas” explicou o presidente da CHMS. “Traballamos intensamente nos ríos Madanela, Támoga, Miño, Parga, Azúmara, Anllo, Narla, Ladra, Parga, Labrada, Miño-Negro, Vilaflores, Úbeda, Ladroil, Veiga, Lagoa Fonmiñá e nos regatos De Fábilas, Do Pazo e De Veiga, co obxectivo de minorar os riscos ante episodios de intensas choivas”, engadiu.
Trátase de actuacións programadas co obxectivo de conservar e restaurar a hidromorfoloxía natural dos leitos para mellorar a súa resiliencia e adaptación ao cambio climático; consistentes na retirada de árbores, troncos e ramas tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que provocaban numerosos taponamentos; así mesmo procedeuse á talla, partido, amontoado e retirada de múltiples árbores secas caídos ou en pé presentes no tramo de actuación.
“Realizáronse, ademais, actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de marxes en zonas concretas, a través de solucións baseadas en técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles” lembrou o presidente.
“O conxunto de actuacións descritas contribúe a mellorar e restaurar o bosque autóctono de ribeira para recuperar a morfoloxía fluvial natural do río, modificada polas barreiras artificiais” ha concluído Quiroga
A Lagoa de Fonmiñá
Os traballos en Terra Chá incluíron unha actuación distinta ás descritas que se executou no espazo natural que conforma a Lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza, zona emblemática da demarcación, considerado tradicionalmente como o nacemento do río Miño, moi próxima ao Pedregal de Irimia.
Na zona norte da lagoa observábase unha densa cobertura de Typha spp. -espadana- en expansión, sobre unha zona de sedimentación de finos; ambas as marxes presentaban abundante vexetación de Carex spp., Salix spp., Fraxinus spp. e Alnus lusitánica con algúns individuos mortos, enfermos, con estabilidade comprometida ou con ramas rotas.
Para preservar esta paraxe única, levaron a cabo actuacións de retirada manual da maior parte da cobertura en superficie da planta acuática Lemna minor (80% aproximadamente), desde a beira e con apoio de embarcación de baixo calado evitando así o piso sobre o leito que puidese prexudicar á poboación de Chara spp. (Hábitat 3140).
Ademais, realizáronse labores de mantemento de canle de drenaxe, creado nunha actuación previa executada pola CHMS en 2019; en concreto retirouse parte da Typha spp. para mellorar as condicións de drenaxe e renovación de auga na lagoa, utilizando os medios manuais. Actuacións que se completaron coa retirada dalgún pé arbóreo con risco de caída debido á súa pronunciada inclinación.
O investimento final superou os 540.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do 60% do orzado; no marco do Programa Operativo 2021-2027.
Estes traballos enmárcanse no Obxectivo Específico 2.4, que pretende “Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 Marco eficaz de xestión do risco de catástrofes de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.