A CIG asegura que o Concello non readmitiu ao traballador despedido do GES
Despois de que o Xulgado do Social Nº 2 de Lugo declarase nulo o despido dun traballador do GES, o Concello de Guitiriz non readmitiu ao mesmo, "tal e como obriga a sentenza, amparándose en que recurriu a sentenza perante o TSXG", indicaron os responsables de CIG, que engaden que "o feito de presentar recurso non exime da obriga de readmitir ao traballador".
"Diante deste novo incumprimento do Concello o traballador viuse na obriga de presentar ante o xulgado un escrito de execución da sentenza, e unha vez citadas as partes o Xulgado decretou un auto no que obriga ao Concello a pagarlle o salario ao traballador desde a data da sentenza (17 de Abril de 2018) ate que finalice a tramitación do recurso de suplicación presentado polo Concello, se ben o traballador queda exonerado da prestación de servizos debido a que así o quixo o Concello", explican.
"Polo tanto, o Concello decide pagarlle ao traballador e que este non traballe, nunha decisión caprichosa e que carece de todo sentido, eso si, cargando o custo económico ao peto de todos e todas as veciñas do Concello de Guitiriz", din.
Os sindicalistas asegura que esta decisión resulta todavía máis imprescindible cando no servizo do GES, que é de carácter supramunicipal e que atende emerxencias nos Concellos de Guitiriz, Begonte, Friol e Xermade, traballan na actualidades son 7 operarios, cando o servizo é de 12 operarios.
"A alcaldesa de Guitiriz antepón o seu capricho e o seu orgullo ás necesidades dos veciños non só do seu Concello, senón de tres concellos máis, e continúa a debilitar un servizo de primeira necesidade para a poboación como é o de emerxencias", conclúen.