A CIG chama nas Pontes a unha concentración polo futuro industrial

TerraChaXa
A CIG aposta por continuar na mobilización e ten convocada unha concentración para o próximo 23 de xaneiro, ás 20:00h, na Praza do Carme, para exixir solucións e proxectos concretos que, "mais aló da propaganda, doten de futuro ás Pontes".
concentracion einsa ere endesa
21 Xan 2024

A CIG aposta por continuar na mobilización e ten convocada unha concentración para o próximo 23 de xaneiro, ás 20:00h, na Praza do Carme, para exixir solucións e proxectos concretos que, "mais aló da propaganda, doten de futuro ás Pontes".

"Malia a masiva resposta á xornada de folga, a día de hoxe a Xunta (que ten as competencias en materia de industria) non convocou aínda a Mesa de Impulso Económico das Pontes, na que se teñen que ir concretando os proxectos futuros (garantías, prazos etc.). Non existen tampouco garantías de continuidade no emprego para o persoal da industria auxiliar e, de feito, hai persoal que nin se sequera foi incorporado aos traballos de pre-desmantelamento da central térmica, a pesar do manifestado por Endesa", explican.

Para a CIG, a demanda de manter a vinculación laboral dos/as traballadores/as das auxiliares é un obxectivo irrenunciábel, polo que tanto Endesa como as administracións teñen a obriga de asegurar esta reivindicación até que se acade a súa inserción nos proxectos industriais futuros.

Nin plan de choque nin chan industrial

"Nestes dous meses, tampouco se avanzou nada na elaboración dun plan de choque que a curto praza dea unha alternativa laboral e económica a todos os colectivos laborais afectados, como xa se fixo con anterioridade ao peche da mina. Este plan é unha prioridade e debe contar con financiamento da administración autonómica e estatal e con participación sindical na súa xestión", engaden.

De igual xeito, indican que non se deron pasos para a creación de chan industrial no municipio para posibilitar o asentamento de novos proxectos. "É Endesa a que está a facer negocio vendendo chan industrial mentres dende o propio Goberno local se nega a posibilidade de debater sobre o futuro das instalacións que agora ocupa a eléctrica".

0.065645933151245