A CIG convoca unha concentración o mércores nas Pontes
TerraChaXa | LugoXa
A Secretaría das Mulleres da CIG vén de convocar dez concentracións simultáneas en outras tantas localidades das provincias da Coruña e Pontevedra con motivo da celebración do 25N, Día contra a Violencia de xénero.
23 Nov 2020

Baixo o lema Descoidar a quen coida é violencia machista haberá tamén concentración das Pontes, concretamente, ás 12.00 na praza do Hospital do propio día 25.
A concentración ten o obxectivo de reivindicar un sistema público galego de atención ás persoas.