A CIG denuncia o despido dun operario do GES de Guitiriz por "represión sindical"

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz ven de comunicar o despido a un operario do GES alegando non superar o período de proba e a CIG denuncia que "se trata dun despido de represión sindical, toda vez que se produce tras un suceso de denuncias interpostas pola CIG, sindicato ao cal o traballador está afiliado, e do propio traballador por incumprimentos do Concello nas condicións laborais do persoal do GES e do propio traballador en particular".
21 Oct 2017

O Secretario de Organización da CIG Lugo-A Mariña, Lois Neto, afirma que "detrás deste despido está unha actitude represora por parte dunha alcaldesa caudillista que entende que a seu criterio está por riba da xurisdición social".

Así, "no Concello de Guitiriz é continua a conflictividade social por violación de dereitos laborais básicos, e caprichosamente se negan aos traballadores e traballadoras días de asuntos propios, vacacións ou concreción horarias nas reduccións de xornadas". Por iso, "desde a CIG entendemos que esta actitude dictatorial de Regina Polin non é propia da xestión dunha Administración Pública, de quen se supón debe de velar polo cumpriomento das normativas legais".

A CIG entende que "este despido é un grave ataque ao dereito dos traballadores e traballadoras, cun claro obxectivo de represalia e exemplarificador cara ao resto da plantilla, unha actitude propia dunha mafia criminal, mais inadmisibel nunha Administración Pública, polo que desenvolveremos unha campaña intensa reclamando a readmisión do traballador represaliado, utilizando todas os nosos recursos, tanto no aspecto xudicial como no sindical e social".

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13577198982239